CAMPAÑA DE BENESTAR E APOIO SOCIAL
» Falemos de fútbol
Campaña social de integración e apoio social para lograr que os xogadores dos primeiros equipos coñezan cada semana a realidade social dos maiores, compartindo con eles coloquios, comentarios e críticas da última xornada deportiva.
Deste xeito preténdese xerar entendemento entre dúas xeracións heteroxéneas, evitando o illamento social, detectando posibles necesidades, mellorando a autoestima dos maiores e extrapolando a actitude dos xogadores ó conxunto da poboación.