Luns, 21 de Maio de 2012

CAMPAÑA DE FOMENTO DA CULTURA


» Campaña de animación á lectura


Campaña de potenciación da lectura entre os nenos e nenas da cidade a través da posta en marcha de presentación de libros, obradoiros de lectura e visitas ós centros de ensino de persoas socialmente coñecidas como os xogadores do Pontevedra C.F.

O público obxectivo da campaña está centrado nos nenos e nenas entre 4 e 12 anos de idade estratificados segundo o nivel de lectura. A finalidade nas idades inferiores é a de mellorar a fluidez lectora e espertar o interese pola lectura; nas outras a de introducir a autores, obras e lecturas aconsellables para o correcto desenvolvemento persoal e cultural.

As actividades terán lugar ó longo de toda a tempada escolar, como reforzamento da aprendizaxe realizada nas aulas. Realizaranse xornadas de presentacións de libros no Estadio de Pasarón ás que asistirán os xogadores do primeiro equipo, obradoiros de lectura, actividades de incentivo do uso da Biblioteca a través de convenio de colaboración coa Biblioteca Pública de Pontevedra e outras entidades como ludotecas ou parques infantís e conta contos nas rúas da cidade.


» Premio Optimista Crónico


Campaña educativa enfocada á potenciación de deportistas de competición con calidades salientables no eido intelectual, erudito ou científico. O premio e acto conmemorativo ofreceríase a unha persoa que logre compatibilizar uns intachables resultados académicos coa súa traxectoria deportiva.

Esta iniciativa enfatiza a posibilidade de compaxinar ambos aspectos e fai fincapé nos logros dos deportistas para que a súa actuación exemplifique ós demais.