Luns, 21 de Maio de 2012

Campaña de Igualdade e educación

CAMPAÑA DE IGUALDADE E EDUCACIÓN


» Eu tamén xogo


Campaña de concienciación que persegue a inclusión igualitaria das nenas no ámbito do deporte, a través da creación de torneos mixtos, equipos de participación masculina e feminina nas categorías inferiores, xogos en equipo e ensinanza dos valores de igualdade e coeducación.

Diríxese a nenos e nenas entre os 7 e os 13 anos de idade, residentes na cidade de Pontevedra ou nos seus concellos limítrofes, que compartan as súas inquedanzas polo deporte.

O obxectivo é conseguir que o papel do deporte feminino local sexa unha imaxe de referente dentro da comunidade e un potencial xerador de ingresos.


» Olimpadas xogamos todos


Campaña de igualdade das nenas no deporte que se baseará na celebración, de competicións de equipos mixtos en diferentes modalidades de deportes (baloncesto, fútbol, fútbol sala, voleibol, tenis, ou atletismo). A duración da campaña será dunha semana.

Esta iniciativa fomenta a convivencia, a integración e unha visión positiva do deporte nas idades máis cativas. A iniciativa ten unha función integradora de e de converxencia de nenos e nenas, apostando pola cooperación, a autovaloración, o respecto ó contrario e a colaboración entre compañeiros.