CAMPAÑA DE MEDIO AMBIENTE
» Reciclaxe optimista
Campaña de concienciación cidadá baseada en convivencias onde se desenvolverán diferentes actividades relacionadas con hábitos de reciclaxe e aspectos relacionados coa reutilización de envases, a recollida selectiva do lixo e actividades contra a degradación do medio ambiente.
Esta iniciativa está pensada para os nenos e nenas en idade escolar da cidade de Pontevedra e os seus concellos colindantes, coa finalidade de reforzar, xa dende esta etapa, a educación e actitude con respecto a áreas de implicación medioambiental.
As vías de concienciación deste público potencial serán as charlas, xogos relacionados coa recollida selectiva do lixo, distinción de materia orgánica e inorgánica, conversas e exposicións sobre o coidado do medio ambiente, a construción creativa de xoguetes con materiais reciclados ou a visitas a plantas de reciclaxe galegas para observar o proceso de reconversión.