CAMPAÑA DE NUTRICIÓN
» Meréndate o gol
Campaña de nutrición que achega ós hábitos da boa alimentación e a práctica deportiva saudable, na creación de espectáculos multideportivos para tódolos nenos e nenas e o ofrecemento de merendas equilibradas e enerxéticas -carbohidratos, proteínas e graxas- ós participantes como paradigma dos requirimentos físicos na etapa de crecemento dun neno deportista.
Con esta campaña preténdese loitar contra o elevado índice de sedentarismo e obesidade infantil e xuvenil, que constitúe xa máis dun 10% do segmento da poboación entre 6 e 12 anos. Ademais atallaríanse problemas posteriores como a anorexia ou a bulimia, que afectan en Galicia a unhas 135.000 persoas de perfil xuvenil.