CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DO DEPORTE
» Escolas de deporte, escolas de vida
A campaña é unha iniciativa educativa que promove a creación de escolas de predeporte e deportivas para que os nenos e nenas poidan ser partícipes dos valores deportivos e ó mesmo tempo gozar dunha vida saudable.
As escolas de predeporte desenvolven as habilidades motrices básicas dos nenos e nenas baixo un paradigma lúdico e saudable, con actividades como xogos populares e dinámicas de grupos. As escolas deportivas diríxense á práctica regulada e institucionalizada do deporte a través da competición.
As actividades están pensadas para nenos e nenas entre catro e trece anos de idade residentes na cidade pontevedresa e as súas áreas limítrofes, que sexan practicantes habituais ou potenciais de diferentes deportes.
» Campus optimista crónico
Campaña diversificadas en varios aspectos destinadas á promoción do deporte e o achegamento dos máis pequenos a dita práctica.
As actividades a executar terán distintas finalidades: campus de verán, desenvolvidos na tempada, estival de luns a venres, para nenos e nenas de 7 a 16 anos que buscan adquirir competencias no terreo deportivo; campus de fútbol para fillos descendentes de países norteamericanos e suramericanos, coa finalidade de interactuar con nenos e nenas doutras culturas; e campus de fútbol and english para pór en práctica as destrezas orais e escritas do inglés no ámbito específico do deporte.