CAMPAÑA DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DA CIDADE
» Programa coñece Pontevedra
Campaña que pretende proxectar unha imaxe positiva de Pontevedra máis aló das fronteiras xeográficas da provincia, empregando o tirón do mundo deportivo como gancho turístico e desenvolvemento local.
Proponse ofrecer unha actuación a tres bandas: cos siareiros, con panfletos e publicidade turística da cidade do Lérez, cos visitantes, coa colocación dun stand de información turística nas inmediacións dos estadios rivais e cos propios xogadores a través de entrevistas concedidas ós medios locais das cidades onde compitan, na que falen de Pontevedra como cidade de acollida e residencia.
Con esta actividade búscase incrementar o turismo interprovincial e comunitario extrapolando a imaxe turística da cidade a través dun vehículo, o deporte, claramente vencellado a valores positivos.