Luns, 21 de Maio de 2012

Pulse para ampliar No ano 2005 e con motivo das necesidades obvias de crear un espazo destinado ao deporte e ao seu correcto desenvolvemento na provincia, xenérase o proxecto urbanístico da Cidade Deportiva de Barro, un plan no que participaron a Diputación Provincial, o Concello de Barro e a Fundación do Pontevedra C.F.

O terreo conta cunha extensión de uns corenta mil metros cadrados; ubicado nunha zoa estratéxica, a doce minutos de distancia de Pasarón, na carretera nacional de Santiago.

A cidade deportiva conta con catro campos de fútbol, un de herba sintética construido pola Diputación Provincial de Pontevedra, un de herba natural y outros dous de terra.

Outros dos servizos que ofrece o complexo deportivo son:
- Vestiarios, para todos os asistentes que desexen facer uso das instalacións.
- Salas destinadas ao coidado fisioterapéutico e deportivo dos deportistas como salas de masaxe e enfermería.
- Ximnasio equipado.
- Lavandería.
- Salas de prensa para rodas de prensa y ofrecemento da información deportiva sobre os xogadores das distintas categorías.

Coa construcción da cidade deportiva pretendese abastecer as necesidades deportivas na capital das Rías Baixas e na súa comarca.