¿QUEN SOMOS?
A Fundación Pontetec, nacida do seo do Pontevedra C.F., é unha organización sen afán de lucro que xorde da necesidade de potenciar non só os aspectos lúdicos e deportivos, senón tamén de alcanzar o ámbito humano, cultural e moral.
Grazas ó apoio de institucións e empresas a través do patrocinio, a Fundación Pontetec pode desenvolver numerosas iniciativas de compromiso social, deportivo, formativo e institucional.
¿QUÉ BUSCAMOS?
Tódalas accións que levamos a cabo en Pontetec están destinadas a cumprir unha serie de obxectivos:
- Fomentar entre os máis pequenos os valores do deporte.
- Apoiar o deporte base e a formación integral e social dos rapaces e rapazas, desenvolvendo o proxecto da canteira.
- Dar a coñecer ós deportistas a cidade de Pontevedra.
- Contribuír á difusión da cultura e á normalización da lingua galega.
- Facilitar a interpretación de colectivos desfavorecidos, discriminados ou marxinais.
- Concienciar das prácticas saudables no tempo de ocio así coma duns hábitos nutricionais sans.
- Axudar aos diferentes órganos de goberno e entidades locais á promoción das iniciativas humanitarias, sociais e culturais.
COMPROMISO COA INVESTIGACIÓN
A Fundación Pontetec ten interese e desenvolver diferentes áreas de investigación, entre as que se atopan:
- A obesidade infantil.
- O desenvolvemento deportivo.
- As enfermidades cardíacas
- Novos modelos de comunicación deportiva
- A fisioterapia deportiva.